Thursday 02 de May de 2024

Inés Rey preside a toma de posesión de 22 novos axentes da Policía Local


Un total de 22 novos axentes obtiveron praza nas últimas probas selectivas celebradas para reforzar o cadro de persoal da Policía Local da Coruña. Hoxe tivo lugar o acto de toma de posesión dos axentes, que foron recibidos pola alcaldesa, Inés Rey, no salón de plenos. Rey deulles a benvida e destacou a vocación de servizo público de todos aqueles que forman parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Cinco dos novos axentes incorporaranse ao servizo de xeito inmediato e o resto o farán nos vindeiros meses tras pasar polo preceptivo período na academia de formación.